Arranca AGASALLANÓS
A campaña, que ten como obxectivo recoller voces para enriquecer o recoñecemento de voz en galego, xa está en marcha
Ler máisNós é un proxecto inédito en Galicia que permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega.
O obxectivo central do proxecto é promover a presenza dixital do galego, garantindo que a nosa lingua non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC, mediante a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade que serán postos, de xeito gratuíto, a disposición de calquera institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore o galego. Deste xeito, ademais de garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos no mundo dixital, tamén se contribuirá á modernización e dixitalización do ecosistema de empresas galegas e á creación de valor con novos produtos que empreguen a lingua galega.
A campaña, que ten como obxectivo recoller voces para enriquecer o recoñecemento de voz en galego, xa está en marcha
Ler máisTrátase dunha praza de investigador/a asociado/a, dirixida a doutores/as en Lingüistica Computacional, e doutra de investigador/a colaborador/a, dirixada a graduados/as en Enxeñería Informática, no ámbito das TIC ou en Lingüistica.
Ler máisO Proxecto Nós acapara todas as miradas no Culturgal 2023.
Ler máis