Nesta sección iremos publicando todos os recursos e ferramentas que se vaian desenvolvendo dentro do proxecto, xunto con outros elementos e informacións de interese. Isto inclúe os demostradores de carácter final e tamén os recursos lingüísticos e computacionais que se constrúan para poñelos en marcha. Para maior transparencia, iremos colocando tamén toda a documentación oficial e pública do proxecto.
Mentres tanto, animámoste a que consultes algúns do recursos xa existentes elaborados polas organizacións e institucións que indicamos de seguido:
- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
- Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
- Grupo Lingua e Sociedade da Información (Universidade da Coruña)
- Instituto da Lingua Galega (ILG)
- Maos Innovación Social S.C.G
- Seminario de Lingüística Informática (Universidade de Vigo)