OFERTA DE EMPREGO PARA FORMAR PARTE DO EQUIPO DE NÓS
Publícase a oferta de 2 postos de traballo (descritos máis abaixo) vinculados ao Proxecto Nós a través da convocatoria pública 07/2022, publicada o 18 de outubro de 2022.
PRAZO DE SOLICITUDES: DO 19 AO 26 DE OUTUBRO DO 2022 (ata as 23:59h)
CONVOCATORIA: Contratos de investigación da USC.
Realizarase a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, á que se pode acceder empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC. A documentación requirida para as candidaturas é: curriculum vitae (en PDF), copia da certificación académica e unha declaración responsable de que se cumpren os requisitos antes da data de fin de solicitudes.
Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico da USC no prazo de 3 días hábiles despois do remate do prazo de solicitudes, é dicir, entre o 27 e o 31 de outubro.
-
Código da praza: 2021-CP080
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e deseño de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións
Duración do contrato: 27 meses
Retribución bruta mensual: 1606,52 € (14 pagas)
Xornada laboral: Xornada completa (35 horas)
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)
Lugar de traballo: Edificio Fontán, Cidade da Cultura
-
Código da praza: 2021-CP081
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Coordinación de subproxectos nas áreas de procesamento da lingua (texto), redacción de memorias técnicas e supervisión de tarefas relacionadas co desenvolvemento e avaliación de ferramentas de tecnoloxía lingüística.
Titulación requirida: Doutoramento en intelixencia artificial, tecnoloxías lingüísticas ou aprendizaxe de máquina
Duración do contrato: 26 meses e medio
Retribución bruta mensual: 2113,59 € (14 pagas + complemento de proxecto de 261,98 € mensuais)
Xornada laboral: Xornada completa (35 horas)
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Lugar de traballo: Edificio Fontán, Cidade da Cultura
Unha comisión especializada de selección revisará as solicitudes e puntuará os méritos de cada persoa candidata seguindo o baremo de puntos establecido na convocatoria. Realizarase unha entrevista persoal ás persoas candidatas que acaden na suma dos méritos un mínimo de 50 puntos.
A resolución reitoral de selección publicarase no taboleiro electrónico da USC. O prazo máximo para a resolución desta convocatoria é dun mes.