Ir o contido principal
  • USC

O Proxecto Nós busca persoas voluntarias para participar nun estudo sobre a fala sintetizada en galego

O Proxecto Nós busca persoas voluntarias para participar nun estudo sobre a fala sintetizada en galego
O Proxecto Nós busca persoas voluntarias para participar nun estudo sobre a fala sintetizada en galego
O Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), no marco do Proxecto Nós, buscan persoas voluntarias para participar nun estudo sobre a percepción da fala sintetizada en galego.

A iniciativa ten como obxectivo analizar como se interpretan diferentes tipos de oracións xeradas por modelos de síntese de voz, estudando aspectos como a entoación e os patróns prosódicos. A través dun breve test auditivo, as persoas participantes escoitarán distintos fragmentos de voz e deberán identificar se corresponden a oracións declarativas, interrogativas, exclamativas ou en suspenso, ademais de valorar a adecuación da súa entoación.

A colaboración consiste nunha proba sinxela cunha duración aproximada de 10 minutos. As respostas obtidas permitirán mellorar os sistemas de tecnoloxías da fala en galego e contribuír ao desenvolvemento de ferramentas máis naturais e precisas.

Para participar só é necesario rexistrarse en FOLERPA e realizar o test a través desta ligazón ou da seguinte url: https://ilg.usc.gal/folerpa/test/?codigo=04318-071026-05

A túa colaboración é fundamental para seguir avanzando na investigación sobre a lingua galega e as novas tecnoloxías.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2026.