Ir o contido principal
  • Investigar

Oferta de emprego para o Proxecto Nós

Imagen oficina en casa
Oferta de emprego - Proxecto Nós
Buscamos profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega

Está aberta unha nova oportunidade profesional no Proxecto Nós. Buscamos profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega. Valorarase doutoramento en ciencias da computación, intelixencia artificial ou en enxeñaría TIC e inglés nivel B1 ou equivalente.

As funcións a realizar son:

  • Coordinación de tarefas técnicas na área de tecnoloxías da fala para o galego
  • Desenvolvemento de sistemas de recoñecemento automático da fala e outras tecnoloxías da fala
  • Redacción de memorias técnicas

A duración será de 7 meses con xornada completa (35 h/semana) e unha retribución de 2.275,23 € máis un complemento mensual de 495 €. Cómpre ter un doutoramento, preferiblemente en IA, computación ou enxeñaría TIC.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025.

Podes acceder á convocatoria nesta ligazón.

A referencia da praza vinculada ao Proxecto Nós é 2025-CP006.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.07.2025.