Ir o contido principal
  • Admisión

Nova oferta de emprego para formar parte do equipo de Nós

O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial.
O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial.
Trátase dunha praza de investigador/a asociado/a, dirixida a doutores/as en Lingüistica Computacional, e doutra de investigador/a colaborador/a, dirixada a graduados/as en Enxeñería Informática, no ámbito das TIC ou en Lingüistica.

A Universidade de Santiago de Compostela oferta na Convocatoria pública 05/2024 dous postos de traballo para formar parte do equipo do Proxecto Nós. Trátase dunha praza de investigador/a asociado/a, dirixida a doutores/as en Lingüística Computacional, e doutra de investigador/a colaborador/a, dirixida a graduados/as en Enxeñería Informática, no ámbito das TIC ou en Lingüística; ambas as dúas financiadas ao abeiro do Real Decreto 958/2022, de 15 de novembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións a varios centros de carácter científico para impulsar as tecnoloxías da linguaxe, no marco do PERTE Nova Economía da Lingua, do Mecanismo de recuperación e resilencia, Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia e os fondo europeos Next Generation EU.

A persoa que acade a praza de investigador/a asociado/a dirixirá e supervisará o traballo científico e técnico para as tarefas relacionadas co deseño e elaboración de recursos textuais, e a persoa que acade o posto de investigador/a colaborador/a participará no deseño de datos para a adaptación a múltiples tarefas de grandes modelos de lingua de galego e multilingües, e experimentará con software e librarías para esa adaptación mediante uso de instrucións.

Ambos os dous contratos son de xornada completa (35h semanais), teñen unha duración de 21 meses e están suxeitos ás retribucións da USC para a categoría Investigador/a asociado/a e Investigador/a colaborador/a, respectivamente.

Para máis información, accede a esta ligazón: Emprego | Universidade de Santiago de Compostela (nos.gal) 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.03.2024.