Nova oferta de emprego para formar parte do equipo de Nós
![O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial. O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial.](/sites/default/files/styles/content_inner_main_image/public/image/2023-08/imaxe_nos.png?h=ab5f34af&itok=nAGVVwH-)
A Universidade de Santiago de Compostela oferta na Convocatoria pública 08/2023 dous postos de traballo para formar parte do equipo do Proxecto Nós. Trátase de dúas prazas de perfil técnico, dirixidas a graduados en Enxeñería Informática ou de telecomunicacións financiadas ao abeiro do Real Decreto 958/2022, de 15 de novembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións a varios centros de carácter científico para impulsar as tecnoloxías da linguaxe, no marco do PERTE Nova Economía da Lingua, do Mecanismo de recuperación e resilencia, Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia e os fondo europeos Next Generation EU.
As funcións a realizar en cada posto de traballo serán diferentes. Unha das persoas contratadas participará no desenvolvemento de novas técnicas de aprendizaxe profunda para o adestramento de grandes modelos textuais multilingües, mentres que a outra colaborará no desenvolvemento de modelos multilingües de recoñecemento automático da fala e de síntese da voz.
Ambos os dous contratos son de xornada completa (35h semanais), teñen unha duración de 26,5 meses e están suxeitos ás retribucións da USC para a categoría Investigador/a colaborador (1.670,89 € en 14 pagas mensuais).
Para máis información, accede a esta ligazón: Emprego | Universidade de Santiago de Compostela (nos.gal)