Varios membros do equipo do Proxecto Nós resultan galardoados nas últimas semanas

O pasado xoves 11 tivo lugar na Escola Superior de Enxeñería (ETSE) unha celebración que premiaba os mellores traballos do estudantado correspondentes ao curso 2022-2023. Entre os galardoados estivo o noso compañeiro Pablo Rodríguez, que recolleu un dos tres premios a mellor TFG no grao en Enxeñaría Informática polo traballo Tradución automática neuronal para o galego baseada en modelos multilingües.
Así mesmo, o xoves 18 celebrouse no Paraninfo da Universidade a entrega de premios á calidade lingüística, que recoñecen os mellores traballos académicos escritos en galego. No evento, o noso compañeiro Antonio Moscoso recolleu o premio na modalidade de TFG correspondente á área de Enxeñería e Arquitectura polo seu traballo Elaboración de novos modelos de síntese de voz para o idioma galego empregando técnicas de deep-learning.