Ir o contido principal
  • USC

Convocatoria de tres prazas no ámbito das tecnoloxías da fala

Tecnoloxías de voz e IA no proxecto de investigación
Tecnoloxías de voz e IA no proxecto de investigación
Están abertas dúas novas oportunidades profesionais no Proxecto Nós para desenvolver no Instituto da Lingua Galega (ILG). O prazo límite para presentar as solicitudes remata o 31 de outubro.

Están abertas tres novas oportunidades profesionais no Proxecto Nós-ALIA para desenvolver no Instituto da Lingua Galega (ILG). Forman parte da Convocatoria Pública Ordinaria 17/2025 e a data límite para presentar as solicitudes remata o 31 de outubro. Velaquí un resumo das características das prazas:

DÚAS PRAZAs (ref. 2025-CP006.00)

Principais tarefas:

  • Confección de scripts para a limpeza e procesamento de texto e audio.
  • Desenvolvemento de ferramentas para a creación de recursos de voz destinados a sistemas ASR (Automatic Speech Recognition) e TTS (Text-to-Speech).
  • Participación na elaboración de modelos ASR e TTS multilingües.
  • Colaboración na redacción de memorias técnicas e outra documentación asociada ao proxecto.

Requisitos de titulación:

  • Grao en Enxeñaría Informática ou Enxeñaría de Telecomunicacións
  • Dobre grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas, ou titulacións equivalentes.
  • As titulacións de áreas afíns serán valoradas proporcionalmente segundo a súa afinidade.

Condicións:

  • Xornada: tempo completo (35 h / semanais).
  • Retribución bruta mensual: arredor de 1.729,39 € (Aplicarase o rateo das pagas extraordinarias en 12 mensualidades).
  • Duración: 5 meses, con inicio a partir da resolución da praza.

 

UNHA PRAZA (ref. 2025-CP006.02)

Principais tarefas:

  • Apoio á coordinación de tarefas de desenvolvemento de ferramentas para a creación de recursos de voz para ASR (Automatic Speech Recognition) e TTS (Text-to-Speech).
  • Colaboración na coordinación do desenvolvemento de modelos ASR e TTS multilingües.
  • Deseño de experimentos e métricas de avaliación.
  • Elaboración de memorias técnicas e outra documentación do proxecto.

Requisitos de titulación:

  • Titulación en Enxeñaría Informática, Telecomunicacións ou Dobre Grao en Informática e Matemáticas.
  • Formación e experiencia acreditable en ASR e TTS.

Condicións:

  • Duración: 3 meses (a partir da resolución da praza)
  • Xornada: tempo completo (35 h/semanais)
  • Retribución bruta mensual: 1.729,39 € (máis complementos de proxecto de 282,02 € e de dedicación de 170,87 €.

Podes atopar nesta web toda a información.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2025.