Ir o contido principal
  • Investigar

Chamada á colaboración empresarial no marco de ALIA – Proxecto Nós

Ven con nós
Tríptico Empresas
Tes un produto, un servizo, unha aplicación ou unha idea que queres desenvolver en galego? ALIA – Proxecto Nós lanza unha chamada dirixida a empresas e entidades que queiran beneficiarse do noso apoio e recursos para o desenvolvemento de casos de uso baseados en tecnoloxías lingüísticas e intelixencia artificial en galego.

O Proxecto Nós é unha iniciativa estratéxica orientada a reforzar a presenza do galego na tecnoloxía dixital, impulsando o desenvolvemento de recursos lingüísticos, modelos de intelixencia artificial e ferramentas que permitan o seu uso natural en contornas actuais e futuras.

No marco do proxecto ALIA, ábrese unha chamada á colaboración público-privada dirixida a empresas e entidades interesadas en participar na ideación, deseño e desenvolvemento de casos de uso que apliquen os recursos derivados do Proxecto Nós ao longo de todas as súas fases de execución.

Terase en conta:

  • O posible potencial de impacto da proposta.
  • A innovación da proposta.
  • O grao de uso dos recursos dispoñibles.
  • A viabilidade da proposta.

 

👉 Formulario de inscrición

👉 Tríptico(PDF)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.01.2026.