Campaña de doazón de voz en galego

A campaña, que ten como obxectivo recoller voces para enriquecer o recoñecemento de voz en galego, xa está en marcha.
O Proxecto Nós, a través da campaña "AgasallaNós" busca voluntarios que doen as súas voces para colaborar na creación de recursos e tecnoloxías en galego.
A iniciativa pretende rexistrar diferentes variedades fonéticas do galego para que as aplicacións baseadas no recoñecemento da fala sexan quen de identificar toda a riqueza da nosa lingua. O obxectivo é recompilar máis de 1.000 horas de gravacións que representen diferentes idades, xéneros e variedades dialectais.
A colaboración pode facerse a través do sitio web doagalego.nos.gal.