Ir o contido principal

Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego

Crédito libre elección para recollida e validación de voz en galego
Crédito libre elección para recollida e validación de voz en galego
Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.

Common Voice é unha plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo que doan a súa voz e tamén contribúen xulgando como válidas ou non as doazóns feitas por outras persoas. O obxectivo deste proxecto colaborativo é crear grandes corpus de datos orais que poidan ser empregados para adestrar modelos de recoñecemento da fala en distintas linguas, entre elas o galego.

As competencias adquiridas mediante a participación nesta actividade están, ademais, certificadas pola USC como formación a través do recoñecemento dun crédito ECTS.

Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego. As persoas participantes familiarizaranse coas tecnoloxías da fala en galego, as súas aplicacións e os datos necesarios para o seu desenvolvemento e participarán na recollida de datos lingüísticos en aberto a través da gravación e validación de fragmentos de voz en galego na plataforma Common Voice. Finalmente, terán que presentar un informe que reflicta a súa experiencia.

O prazo de inscrición está aberto durante todo o curso académico a traves do seguinte formulario(link is external).

As actividades propostas teñen unha duración total de 25 horas e o alumnado dispón de 30 días para completar a tarefa desde o momento da inscrición para poder obter o recoñecemento dun crédito ECTS.

Podes acceder a toda a información premendo na seguinte ligazón.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2024.