Ir o contido principal

Spain AI [Galicia]

1º Encontro presencial da rede Galicia AI e CESGA: Charlas sobre IA + Networking

10.11.2022 | 17.30h-20.30h

Avda. de Vigo s/n Campus Vida (USC) 15705 Santiago de Compostela
Centro de Supercomputación de Galicia

Spain AI [Galicia]. Divulgación de Intelixencia Artificial.

A comunidade de Galicia AI reunirase no Centro de Supercomputación de Galicia o próximo xoves, 10 de novembro. Durante o evento, poderedes escoitar a experiencia de varios relatores no ámbito da Intelixencia Artificial e da Ciencia de Datos, compartir as vosas dúbidas sobre calquera tema relacionado coa IA e conectar con relatores e asistentes nunha sesión de networking con petiscos.

Os tres conferenciantes elixidos para participar neste primer encontro presencial son Adrián Mosquera Orgueira, que impartirá unha charla titulada “Aprendizaxe automática e Medicina de Precisión nas Neoplasias Hematolóxicas”; Cristina Gil Rey, que falará sobre a transferencia do coñecemento e, por último, Iria de Dios Flores, investigadora do Proxecto Nós, que impartirá o relatorio “As tecnoloxías da linguaxe: unha visión dende a lingua galega”. 

O evento poderá seguirse tamén por streaming.

  • 17:15 - 17:30h: Apertura de portas e rexistro. 
  • 17:30 - 17:45h: Benvida da rede Galicia AI e CESGA. 
  • 17:45 - 18: 10h.: Charla: Adrián Mosquera. Aprendizaxe Automática e Medicina de Precisión nas Neoplasias Hematolóxicas. 
  • 18:10 - 18:35h.: Charla: Cristina Gil Rey. A transferencia do coñecemento. 
  • 18:35 - 19h.: Charla: Iria de Dios Flores. As tecnoloxías da linguaxe: unha visión dende a lingua galega. 
  • 19 - 19:20h: Clinic Q&A 
  • 19:20 - 19:35h: Momento de sorteos e regalos! 
  • 19:35 - 20:30h: Networking e petiscos para os asistentes.