OFERTAS DE EMPREGO PARA FORMAR PARTE DO EQUIPO DE NÓS
Publícase a oferta de varios postos de traballo (descritos máis abaixo) vinculados ao Proxecto Nós a través das convocatorias públicas da USC.
O PRAZO DE SOLICITUDES PARA ESTAS CONVOCATORIAS XA REMATOU
Procedemento de selección
Unha comisión especializada de selección revisará as solicitudes e puntuará os méritos de cada persoa candidata seguindo o baremo de puntos establecido na convocatoria. Realizarase unha entrevista persoal ás persoas candidatas que acaden na suma dos méritos un mínimo de 50 puntos.
A resolución reitoral de selección publicarase no taboleiro electrónico da USC. O prazo máximo para a resolución desta convocatoria é dun mes.
CONVOCATORIAS REMATADAS
- Código da praza: 2021-CP080.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) - Código da praza: 2021-CP080.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Elaboración de corpus lingüísticos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e avaliación de resultados.
Titulación requirida: Licenciatura ou grao en lingua e literatura galegas
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) - Código da praza: 2021-CP080.02
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Coordinación e supervisión da elaboración dos recursos lingüísticos orais, redacción de memorias técnicas e asesoramento e coordinación lingüística da área de tecnoloxías da fala.
Titulación requirida: Doutoramento en estudos lingüísticos
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) - Código da praza: 2021-CP081.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para a xeración textual, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou no ámbito TIC
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración na supervisión e realización das tarefas relacionadas coa elaboración de corpus e datasets para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Lingüística, Linguas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.02
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou no ámbito TIC
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.03
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración na supervisión e elaboración de corpus e datasets para sistemas de corrección e avaliación de textos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Lingüística, Linguas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.04
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Supervisión e coordinación da área de Tradución Automática, redacción de memorias técnicas e supervisión do desenvolvemento de ferramentas de tradución automática.
Titulación requirida: Doutoramento en tradución automática
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.05
Categoría laboral: Técnico/a superior de xestión (I.2)
Funcións: Coordinación e seguimento das actividades do proxecto e do plan de traballo; apoio de xestión administrativa e técnica e coordinación e elaboración da parte documental do proxecto; apoio na organización de eventos e actividades de comunicación do proxecto interna e externa e responsabilidades na coordinación dos recursos humanos asociados ao proxecto, nomeadamente nos ámbitos técnico e administrativo.Titulación requirida: Grao ou licenciatura en Administración de Empresas ou Económicas, enxeñaría ou ciencias experimentais ou equivalentes
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
-
Código da praza: 2023-CP032.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Traballo a realizar: Desenvolvemento de novas técnicas de aprendizaxe profunda para, principalmente, realizar o adestramento de grandes modelos de lingua textuais multilingües dentro do proxecto NEL-NÓS.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións
Duración do contrato: 26,5 meses
Retribución bruta mensual: 1670,89 € (14 pagas)
Xornada laboral: Xornada completa (35 horas)
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnloxías Intelixentes (CiTIUS)
Lugar de traballo: Edificio Fontán, Cidade da Cultura
-
Código da praza: 2023-CP032.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Traballo a realizar: Desenvolvemento de modelos multilingües de ASR e TTS dentro do proxecto NEL-NÓS.