Centro de Supercomputación de Galicia
Spain AI [Galicia]. Divulgación de Intelixencia Artificial.
A comunidade de Galicia AI reunirase no Centro de Supercomputación de Galicia o próximo xoves, 10 de novembro. Durante o evento, poderedes escoitar a experiencia de varios relatores no ámbito da Intelixencia Artificial e da Ciencia de Datos, compartir as vosas dúbidas sobre calquera tema relacionado coa IA e conectar con relatores e asistentes nunha sesión de networking con petiscos.
Os tres conferenciantes elixidos para participar neste primer encontro presencial son Adrián Mosquera Orgueira, que impartirá unha charla titulada “Aprendizaxe automática e Medicina de Precisión nas Neoplasias Hematolóxicas”; Cristina Gil Rey, que falará sobre a transferencia do coñecemento e, por último, Iria de Dios Flores, investigadora do Proxecto Nós, que impartirá o relatorio “As tecnoloxías da linguaxe: unha visión dende a lingua galega”.
O evento poderá seguirse tamén por streaming.
- 17:15 - 17:30h: Apertura de portas e rexistro.
- 17:30 - 17:45h: Benvida da rede Galicia AI e CESGA.
- 17:45 - 18: 10h.: Charla: Adrián Mosquera. Aprendizaxe Automática e Medicina de Precisión nas Neoplasias Hematolóxicas.
- 18:10 - 18:35h.: Charla: Cristina Gil Rey. A transferencia do coñecemento.
- 18:35 - 19h.: Charla: Iria de Dios Flores. As tecnoloxías da linguaxe: unha visión dende a lingua galega.
- 19 - 19:20h: Clinic Q&A
- 19:20 - 19:35h: Momento de sorteos e regalos!
- 19:35 - 20:30h: Networking e petiscos para os asistentes.