Ir o contido principal

Emprego

Queres traballar con Nós?

OFERTA DE EMPREGO PARA FORMAR PARTE DO EQUIPO DE NÓS

Publícase a oferta de 1 posto de traballo (descrito máis abaixo) vinculado ao Proxecto Nós a través da convocatoria pública 13/2025, publicada o 23 de xullo de 2025 

PRAZO DE SOLICITUDES: DO 24 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO DO 2025 (ata as 23:59h)

Realizarase a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, á que se pode acceder empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC. A documentación requirida para as candidaturas é: curriculum vitae (en PDF), copia da certificación académica e unha declaración responsable de que se cumpren os requisitos antes da data de fin de solicitudes. Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico da USC no prazo de 3 días hábiles despois do remate do prazo de solicitudes, é dicir, entre o 11 e o 13 de agosto.

Código da praza:  2025-CP006
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a.
Traballo a realizar: Coordinación e realización de tarefas relacionadas coa elaboración de modelos, corpus e outros recursos lingüísticos orais e escritos para o galego e a súa integración en ferramentas de tecnoloxías linguísticas.
Titulación requirida: Doutoramento en ciencias da computación, intelixencia artificial ou en enxeñaría TIC.
Duración do contrato: 7 meses 
Retribución bruta mensual: 2.275,23 € Aplicarase o rateo das pagas extraordinarias en 12 mensualidades Este contrato terá asignado un complemento de proxecto de 495,00 € mensuais
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG)
Lugar de traballo: Instituto da Lingua Galega (ILG)

Unha comisión especializada de selección revisará as solicitudes e puntuará os méritos de cada persoa candidata seguindo o baremo de puntos establecido na convocatoria. Realizarase unha entrevista persoal ás persoas candidatas que acaden na suma dos méritos un mínimo de 50 puntos.

A resolución reitoral de selección publicarase no taboleiro electrónico da USC. O prazo máximo para a resolución desta convocatoria é dun mes.