Contacto
Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial
Edificio Fontán, Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás, s/n
proxectonos [at] usc.gal (proxectonos[at]usc[dot]gal)
Nesta sección poderás atopar:
- ofertas de formación académica universitaria (Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster, Prácticas Externas ou estadías) para colaborar no desenvolvemento dos recursos de Nós;
- ofertas de emprego para formar parte do equipo de Nós;
- diferentes desafíos que se van lanzar desde Nós para mellorar os recursos ou ferramentas libres do proxecto;
- e mecanismos abertos para que institucións, organizacións ou empresas participen tanto no desenvolvemento dos demostradores de Nós coma na proposta e desenvolvemento de casos de uso de alto impacto socioeconómico.
OFERTA DE EMPREGO PARA FORMAR PARTE DO EQUIPO DE NÓS
Publícase a oferta de 9 postos de traballo (descritos máis abaixo) vinculados ao Proxecto Nós a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022.
PRAZO DE SOLICITUDES: ata as 23:59 (CEST) do 15 de xullo de 2022.
CONVOCATORIA: Contratos de investigación da USC
Procedemento de presentación de solicitudes:
Realizarase a través da sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, á que se pode acceder empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC. A documentación requirida para as candidaturas é: curriculum vitae (en PDF), copia da certificación académica e unha declaración responsable de que se cumpren os requisitos antes da data de fin de solicitudes.
Publicarase a listaxe provisional de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico da USC no prazo de 3 días hábiles despois do remate do prazo de solicitudes, é dicir, entre o 16 e o 20 de xullo.
Descrición das prazas:
- Código da praza: 2021-CP080.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) - Código da praza: 2021-CP080.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Elaboración de corpus lingüísticos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e avaliación de resultados.
Titulación requirida: Licenciatura ou grao en lingua e literatura galegas
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) - Código da praza: 2021-CP080.02
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Coordinación e supervisión da elaboración dos recursos lingüísticos orais, redacción de memorias técnicas e asesoramento e coordinación lingüística da área de tecnoloxías da fala.
Titulación requirida: Doutoramento en estudos lingüísticos
Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) - Código da praza: 2021-CP081.00
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións:> Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para a xeración textual, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou no ámbito TIC
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.01
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración na supervisión e realización das tarefas relacionadas coa elaboración de corpus e datasets para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Lingüística, Linguas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.02
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración no deseño, implementación, validación e probas de software para sistemas de diálogo, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou no ámbito TIC
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.03
Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a
Funcións: Colaboración na supervisión e elaboración de corpus e datasets para sistemas de corrección e avaliación de textos, colaboración na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño e implementación de experimentos e métricas de avaliación.
Titulación requirida: Grao en Lingüística, Linguas, Tradución ou no ámbito dos estudos lingüísticos
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.04
Categoría laboral: Investigador/a asociado/a
Funcións: Supervisión e coordinación da área de Tradución Automática, redacción de memorias técnicas e supervisión do desenvolvemento de ferramentas de tradución automática.
Titulación requirida: Doutoramento en tradución automática
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) - Código da praza: 2021-CP081.05
Categoría laboral: Técnico/a superior de xestión (I.2)
Funcións: Coordinación e seguimento das actividades do proxecto e do plan de traballo; apoio de xestión administrativa e técnica e coordinación e elaboración da parte documental do proxecto; apoio na organización de eventos e actividades de comunicación do proxecto interna e externa e responsabilidades na coordinación dos recursos humanos asociados ao proxecto, nomeadamente nos ámbitos técnico e administrativo.Titulación requirida: Grao ou licenciatura en Administración de Empresas ou Económicas, enxeñaría ou ciencias experimentais ou equivalentes
Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Procedemento de selección:
Unha comisión especializada de selección revisará as solicitudes e puntuará os méritos de cada persoa candidata seguindo o baremo de puntos establecido na convocatoria. Realizarase unha entrevista persoal ás persoas candidatas que acaden na suma dos méritos un mínimo de 50 puntos.
A resolución reitoral de selección publicarase no taboleiro electrónico da USC. O prazo máximo para a resolución desta convocatoria é dun mes, é dicir, resolverase antes do 8 de agosto.
Máis información:
Para máis información, consultar a convocatoria pública na sección Contratos de investigación da USC.