Ir o contido principal

PERTE

I Encontro de empresas de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN)

28.09.2022 | 10.00h-17.30h

C/ San Fernando, 40 (03001, Alicante)
Universidad de Alicante - Sede Centro

O vindeiro mércores, 28 de setembro, terá lugar o primeiro encontro nacional de empresas do eido do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) en Alicante.

Este evento foi organizado pola oficina do Comisionado Especial para la Alianza por la Nueva Economía de la Lengua, en colaboración con Casa Mediterráneo e a Universidad de Alicante. Esta xornada pretende mobilizar pymes, empresas, startups, grupos de investigación das universidades e asociacións, entre outros, para abordar temas coma o potencial que presenta o PERTE no ámbito do PLN ou cal é o estado da arte na industria de PLN en todo o mundo. 

A xornada rematará pola tarde cun espazo de presentación en 3 minutos de diferentes proxectos de investigación de universidades, pymes, startups e empresas.

28 de setembro (10.00 - 18.00 horas) 

10.00 – 10.45h Benvida 

10.45 – 11.00h Que é o PERTE e por que é necesario na nova economía 

11.00 – 11.15h Que é o PLN e o potencial do PERTE de la Nueva Economía de la Lengua 

11.15 – 12.15h Mesa 1 – O estado da arte da industria de PLN no noso país e fóra 

12.25 – 12.30h O panorama latinoamericano do ecosistema de empresas de PLN 

12.30 – 13.30h Mesa 2 – Acceso á inversión e financiación do PERTE para Pymes e Startups 

13.30 – 13.45h Resumo da mañá e peche 

14.00 – 15.30h Xantar 

15.50 – 17.30h A túa empresa en 3 minutos